Xornada - Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega. 19 de novembro de 2025

Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega

O rol das institucións culturais galegas

Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega

19 de novembro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada
O rol das institucións culturais galegas

Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega

19 de novembro de 2025 Santiago de Compostela

Iniciamos con esta actividade un ciclo de xornadas de reflexión sobre o papel das entidades institucionais galegas que están directamente relacionadas coa creación escénica, musical e audiovisual tras catro décadas desde a creación das primeiras, con vistas a revisar e actualizar os seus obxectivos, estrutura e funcionamento, nomeadamente en relación coas creadoras e coa sociedade galega.

Corenta anos despois da súa constitución consideramos que é o momento de preguntarnos sobre a validez actual das institucións que dentro do marco autonómico foron creadas nese momento coa finalidade de impulsar a creación escénica, musical e audiovisual nunha sociedade en continua evolución. Farémolo a partir dun ciclo de tres xornadas nas que profesionais e persoas expertas debaterán e sacarán conclusións sobre o momento actual e os retos futuros destes organismos.

A Iª Xornada do ciclo, co título Centro Dramático Galego (CDG) vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega, ten como obxectivo reflexionar sobre a vixencia desta institución nacida hai corenta anos para impulsar a creación escénica galega. Analizase o papel que hoxe en día desempeña o CDG no panorama cultural galego, o impacto da súa evolución ao longo destes anos tanto na sociedade galega como no labor das e dos profesionais das artes escénicas, e a repercusión social e territorial da creación institucional.
Ficha técnica 
Xornada
O rol das institucións culturais galegas
Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega
Cando
19 de novembro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Eduardo Alonso Rodríguez
Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
Cristina Domínguez Dapena
Participante
Melania Cruz
Manuel Guede
Manuel Guede
Nieves Lema
Inma López Silva
Fefa Noia
Fran Núñez
Darach Ó Tuairisg
Carme Portacelli
Vanesa Sotelo
Arantza Villar
Manuel Xestoso
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)

Imaxe da portada: Eduardo Alonso, Luís Álvarez Pousa e Victorino Rosón na presentación do CDG e da programación do primeiro ano: 7 de xuño de 1984. Detrás, o pano de fondo para Woyzeck que pintou Paco Conesa e se estreou o 23 de agosto dese ano.