Xornada Pensarmos
Daniel Turienzo
Desafíos educativos. Como mellorar desde a realidade
27 de novembro de 2025
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
Desafíos educativos. Como mellorar desde a realidade
Daniel Turienzo dialoga con Rubén Veloso Carnero
Daniel Turienzo
Xefe de servizo no MEFPD, onde coordina programas orientados á equidade educativa. Anteriormente formou parte da rede educativa no exterior, na Consellaría de Educación da Embaixada de España en Marrocos, e traballou no Ministerio como asesor técnico docente. Impartiu docencia en diversas universidades e actualmente faino no Máster de Políticas e Gobernanza dos Sistemas Educativos da UCJC. Doutor en Ciencias da Educación pola UAM, a súa tese, La equidad del sistema educativo español: estudio comparado de las CC. AA., obtivo o primeiro accésit do Instituto Nacional de Administración Pública. Realizou o Máster en Formación do Profesorado, é licenciado en Psicoloxía e Psicopedagoxía, e graduado en Maxisterio en Educación Infantil e Primaria. A súa investigación céntrase na equidade educativa, a privatización, a segregación escolar e a escolarización temperá. En 2024 publicou, xunto a Jesús Rogero, Educafakes. Colabora con medios como El País, The Conversation, Agenda Pública e El Diario de la Educación.
Rubén Veloso Carnero (Xinzo de Limia, 1979)
Diplomado en Maxisterio (Educación Musical) e licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidad de Oviedo. Desde 2005 desenvolveu o seu labor docente en secundaria, na especialidade de Música, e desempeñou cargos directivos e titorías no máster do profesorado. Desde 2021 é inspector de Educación, actualmente nos CIFP de Ourense e en centros de primaria e secundaria do oriente ourensán. Impartiu formación en ámbitos como a convivencia escolar, protocolos de prevención do acoso e do risco suicida, currículo e avaliación en ensinos musicais e de FP. Publicou na Revista Avances en Supervisión Educativa e en obras colectivas como Guía para o desenvolvemento do novo currículo nos centros e O proceso de avaliación na nova FP.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.