Encontro Escoitadoiro
Migracións e Dereitos Culturais. Comunicación e Cultura de Paz
Escoitadoiro IV
16 de xuño de 2026
Xinzo de Limia
17:00 horas
Presentación institucional
17:15 horas
Presentación do encontro e explicación das dinámicas de traballo.
Leonardo Casado, mediador e documentalista do encontro
Cartografía en rolda. Dinámica de mapeo de persoas e proxectos sobre un gran mapa da provincia e presentación das persoas e entidades participantes nunha rolda xeral.
18:00 horas
Dinámica de diagnose e reflexión compartida sobre a realidade da provincia de Ourense e as experiencias e problemáticas arredor do deseño, creación, distribución, comunicación, produción e acceso á cultura baixo unha perspectiva de interculturalidade e realidade migratoria do territorio.
19:15 horas
Merenda preparada por un colectivo marroquí afincado na localidade.
20:00 horas
Dinámica de definición de proposicións: Á vista das conclusións da dinámica de diagnose, finalizaremos cunha posta en común colectiva enunciando que propostas concretas de acción se poden formular para axudar a orientar políticas e prácticas culturais dende unha perspectiva de dereitos culturais e interculturalidade.
Despedida do encontro cun breve resumo de conclusións de Leonardo Casado e música de Baba Sall.
Persoas e proxectos participantes:
Mediador-documentalista: Leonardo Ezequiel Casado
1. Patricio Mango. Artista arxentino e cofundador do proxecto A Porta Azul, furancho cultural, en Carballeda de Avia.
2. Luis Vázquez Ovalles. Artista titiriteiro de Venezuela. Creador e director da compañía escénica Luart.
3. Camille Hédouin. Coñecida como MounQup, cantante e compositora franco-galega.
4. Baba Sall. Músico senegalés que promove un programa intercultural dende o rural e unha iniciativa musical de fusión.
5. Daniel Bóveda Castro. Coordinador territorial de Galicia da ONG ACCEM, que traballa en Allariz con colectivos migrantes a inclusión a través do deporte, a lingua e a cultura.
6. Carolina Atuesta. Bailarina, directora da Feira Revive e creadora de AltaChapita. Residente en Ourense e procedente de Colombia.
7. Pablo Pérez. Educador social e responsable do Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial de Quintela de Leirado.
8. Briams. Escritor, deseñador editorial, poeta, traballa no Novo Cine de Leiro e procede de Venezuela.
9. Belén Vallina. Presidenta de Yaran Foundation, organización dedicada á inclusión sociolaboral de persoas refuxiadas e migrantes, con presenza en España e Europa.
10. Gina Hernández. Representante da Asociación Avante Ourense, que apoia a persoas tanto locais como estranxeiras, refuxiadas etc.
11. Ariansis Reyes. Pintora cubana.
12. Frank Elia González. Artista plástico cubano.
13. Abuy Nfubea. Escritor, xornalista e activista panafricanista.
14. Mercedes Vieites. Artesá e fundadora de Lumecú. Imparte clases sobre costura a migrantes e persoas chegadas doutros países.
15. Noemí Vázquez. Profesora de galego e propietaria do espazo cultural A Arca da Noe no concello de Vilar de Santos.
16. Jesús Deibe Fernández Simo. Educador social e profesor na Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo. Experto en migracións.
17. Nuria García Calvo. Coordinadora técnica e representante da Fundación Juan Soñador en Ourense, unha iniciativa social enfocada na prevención, educación e promoción integral de persoas en risco de exclusión social.
18. Sérgio Tannus. Músico e artista internacional residente en Galicia dende o ano 2006. Colaborou con múltiples artistas do mundo da lusofonía como Uxía, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico César, Lenine, João Afonso, Dulce Pontes, Magín Blanco; en proxectos como Maria Fumaça e CoraSons e nos festivais Cantos na Maré, Festigal, Apóstolo e O Mar nunha Flor, entre outros.
19. Rosa Trujillo Bolaño. Psicóloga e poeta, residente en Xinzo de Limia e procedente de Venezuela. Dinamizadora da vida cultural na comarca, publica columnas de opinión en medios dixitais locais e establece enlaces entre as culturas migrantes e o territorio.
20. María de los Ángeles Llerena Cid. Pianista cubana residente en Allariz.
21. Deputación de Ourense.
22. Concello de Xinzo de Limia
25. Xunta de Galicia
26. Concello de Vilardevós
LUGAR
Concello de Xinzo de Limia
Salón de plenos
Rúa Curros Enríquez, 15
Xinzo de Limia
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
Encontro de traballo, pechado ao público. Acceso só con convite para participantes.