Exposición Jesús Faílde Oro. Memoria gráfica das xentes de Agolada (1950-1960)
Durante un breve período de tempo, Jesús Faílde Oro retratou os seus veciños da aldea de Friúfe, en Agolada (Pontevedra). A escolma de máis de 40 fotografías permite coñecer a vida dunha parroquia do interior de Galicia, entre os traballos do campo e as celebracións da estación.
