02/03/1960 Carta de Seoane a Neira Vilas. 1960 / <!--Epistolario singular LS--> Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Neira Vilas. 1960

02/03/1960
Diego Díaz DoradoAnisia MirandaXosé Neira VilasLuís Seoane
Compartir en


Basilea, 2 de marzo de 1960

Sr. D.
José Neira Vilas
Buenos Aires

Estimado amigo:

Vai con esta a viñeta pra a tapa do libro de Anisia. Supoño que chega a tempo que ten de ficar ben. Terá de levar un centímetro menos que o ancho de tapa i os cores están pensado sobre papel branco ou cartulina branca. Abaixo fágolle un dibuxo de como ten de situarse a viñeta. Fixan os dibuxos en negro que aforra cartos nos clisés no que se refire á seleición de cores. Que o ingeniero Díaz, que coñece esta téinica lle esprique, ou que faga o favor de acompañalo ao grabador, Caparrós, onde traballamos pra Citania. Déixolle en branco no orixinal o espacio pra poñer os centímetros. Que o grabador lle faga a proba de cores pra a imprenta. Perdóneme todas estas consideracións. Escribo de présa. As miñas cousas, deica agora, mui ben.

Un saúdo pra tódolos amigos e un especial pra súa dona e vostede da miña e de min:

[Seoane]

FICHA DOCUMENTAL
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    02/03/1960
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Xosé Neira Vilas
  • Orixe:
    Basilea
  • Destino:
    Bos Aires
  • Ficha descritiva:
    [Carta mecanografada]
  • Metadatos: