Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970

31/08/1970
Isaac Díaz PardoXosé Luís Méndez FerrínReimundo PatiñoFernando Pereira CaamañoLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en


Montevideo, 31 de agosto de 1970

Estimado Seoane:

Prégolle que me perdone pola tardanza en remesarlle o traballo que adxunto, do que remato de facer a copia, en previsión dalgún posibre eistravío. Andiven moi atarefado.
As poesías son (ó meu modesto entendere) abaneantes, de grandeira forza, cáseque ópticas. Van a sere, dende logo, comprometedoras pró Patronato (hai que tere en conta o intre que vive o Uruguay, cada vegada menos liberal). Nembargantes, hai que pubricalas. Coido, ademais, que si se confirma que son de X. L. é verdadeiramente un aito solidario, que é, en definitiva, a nosa misión. Quenes son tan limpos, merecen iso e moito máis. Agora unecamente queda por resolvere o problema económico, que é bastante serio.
Tivemos carta de Patiño. Amóstrase moi ledo pola nosa saída ao eisterior da Estampa e tamén polo catálogo. Mandounos o enderezo dos que estiveron presentes este ano e os de outros artistas, o coal é moi importante pra nós, xa que desa maneira espallamos millor a laboura que levamos a cabo.
¿Que podemos facer ó próisimo ano? Non hai posibilidade de traer algo novo da terra? ¿E de vostede? ¿Non podíamos orgaizar algo de vostede como, por exemplo, grabados, que son de fácil traslado? ¿E aquela vella ideia dos tapices?..
Xa nos respostou Díaz Pardo, enviándonos unhas cartas que necesitábamos de Sargadelos de Do Castro. Agora estamos facendo os trámites pra logo podere arranxar o dereito a vendelas, que levará uns dous meses. Está prauticamente comprometido todo.
Antre nós non temos porque andare con gabanzas, pro necesito decirlle que na Xuntanza seguinte ás Xornadas fixemos un análisis fondo das devanditas Xornadas de Cultura Galega... e todos estivemos de acordo ca Mesa Redonda foi un éisito moi a ter en conta pra outras vegadas (polo seu caráuter didáutico, pola receutividade do púbrico, etc.) sendo vostede, sen dúbida, a figura central. Algunha xente, que o coñecía somentes de nome, quedou impresionada. Impresionada da súa enteireza, vitalidade sin acougos, fondura...

Polo de hoxe, nada máis. Agora novas, sen présas. Recordos garimosos pra Maruxa, súa dona. Reciba unha aperta irmán.

Pereira

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    31/08/1970
  • De:
    Fernando Pereira Caamaño
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Montevideo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa]
  • Termos clave: