15/12/1983 Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1983 / <!--Epistolario singular VPA--> Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1983

15/12/1983
Luís Bagaría CastelaoIsaac Díaz PardoValentín Paz-AndradeValentín de PedroRamón María Valle-Inclán
Compartir en

Sargadelos, 15 de decembro de 1983

Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo

Benquerido Valentín:

Hai poucos días díronme en Madrid esas fotocopias de traballos de Valentín de Pedro sobre Valle Inclán. Foi nun acto que había moita xente e non podo relembrar quen foi. E ademais teño unha vaga idea quen me dou esos traballos expresamente pra ti.
Vai tamén esa nota –que me chegou entre outras precisando cousas da guerra civil en Galicia– encol do bou no que se mataron os primos de Castelao. Sería ben que ti a confrontases. Penso que non era exactamente así a idea que tiñas. Trátase dun feito importantísimo no que vai tamén unha muller.
Estou pendente de baixar a Vigo, levarte a caricatura de Bagaria e falar.
Por favor, non te esquenzas de cubrir ese pequeno currículum pra a ficha e ara extenderte a tarxeta do Seminario de Estudos Galegos do que te fixeron membro vitalicio do Consello, na pasada Asamblea.
Apertas tensas a Pilar, Alfonso, o neto, e ti

FICHA DOCUMENTAL