15/08/1980 Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1980 / <!--Epistolario singular VPA--> Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1980

15/08/1980
Isaac Díaz PardoValentín Paz-AndradeLorenzo Varela
Compartir en

Sargadelos, 15 de agosto de 1980


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo


Benquerido Valentín:

Entre gripes, catarros e o lerio iste da IX Experiencia con 60 seminaristas, entre economistas, sociólogos, arquitectos e xente de teatro, ainda non tiven tempo material de respostar a túa do 21 de xullo derradeiro e de dar trámite ao que me pides. Axiña irán os cadernos do Seminario que che fallan.
Si fuche a Noruega como pensabas ésta a atoparás ao teu regreso. O teu proxecto GALUBRA paréceme bó. Mais non te fies do teu amigo González Seare, sinxelamente porque iste home non é de fiar.
Eu estou moi ledo con esa colección da revista Mondariz que nos ofreces e claro que iremos a recollela se non decides enviala.
Tamén irán axiña exemplares de Pranto Matricial. Eu non agardo a que ti veñas a buscar as cousas.
En canto ao traslado dos restos de Lorenzo Varela vou tratar de facer a xestión co párroco (agora non relembro como se chama pro o saberei o lús) que, según me dixo, pode dispor pra o traslado dos restos de Lorenzo dunha sepultura que foi da familia de Lorenzo e que por prescripción uso, ou algo así, pasara a propiedade á parroquia. Il mesmo pode facer calquer trámite que fose necesario no Axuntamento pois é concellal polo Bloque, aínda que nun Axuntamento de maioría ucedea. Tereite informado.
Tomo boa nota das demais cousas que me dis na túa. Celebrarei que estedes ben e fago votos por ela. Penso que nos veremos no mes que ven. Agora quería só acusar recibo da túa e cumplimentar o que pides.
Pra ti e pra Pilar van apertas moi tensas.


Isaac

FICHA DOCUMENTAL