Sargadelos, 5 de junio de 1973
Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo
Querido Valentín:
Moitas gracias pola túa do 21 de maio derradeiro.
Meu tío Indalecio facía un lote de anos que morrera, algo así coma 15. Iste era profesor de modelado na Escola de Artes e Oficios da Coruña. O que morreu agora era Ramiro; fora viaxante de comercio e siluetista denantes da guerra. Tiña feito varias mostras de siluetas por toda Galicia. Nos derradeiros tempos tiña un hospital de muñecas, así lle chamaba á súa tenda de reparacións de monecas.
Moitas gracias tamén polas novas que me das sobor Moret. Lástima non sabelo denantes de facer a semblanza. Paseille túa nota ós netos pra o seu archivo.
Alédame que te sintas empurrado o prólogo ise do marisco. É unha pena que unha cousa, coido, tan importante fique inédita. E o certo é que ninguén máis que ti pode abrirlle a porta para darlle ó espaldarazo editorial. Farei uso da miña teimosía.
En calquer intre baixaremos a Vigo e coñeceremos a ise gromo da vosa sangue. Que veñan moitos.
Un garimoso saúdo a Pilar, a Alfonso e a súa dona. Unha aperta tensa a ti coa saudade mortal dun presidiario en Sargadelos.
[Isaac]


