03/09/1971 Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1971 / <!--Epistolario singular VPA--> Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1971

03/09/1971
CastelaoIsaac Díaz PardoDomingo García-SabellValentín Paz-AndradeLuís Seoane
Compartir en

3.9.1971



Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Sei de vosas derradeiras novas por Seoane cando estivo ahí. A min foime imposible baixar ás terras quentes de Galicia. Luís vos terá informado da miña doenza: un ruidiño fino e cabrón como unha chispa eléutrica que me atravesa a cabeza casi constantemente. O García Sabell emperrouse en faguerme un tratamento casi todo a base de sedantes que me engordaron 8 kilos e me aumentaron moito mais o ruidiño ise. Ando desesperado.
Boeno, falarche a ti de doenzas coas que ti tes enriba e perto semella cáseque unha cousa feita a mantenta pra te agonear mais.
Hoxe veño por outra cousa. Tíñasme falado de que había aparescido un depósito de álbums Nos de Castelao. Agora isto intresábame coñecelo, é dicir: confirmalo, e si posible fose coñecer si semellante depósito podería mercarse. Cantidade e precio. ¿Qué podes dicirme disto? Agradeceríacho e se fose posible axiña, millor.
Supoño que terás recibido dende o Castro toda clas de información cas ampliaciós do Museo Carlos Maside. Eu estou de continuo por Sargadelos e baixo o Castro soio de 15 en 15 días ou cando hai algunha inauguración disas.
De calquer xeito cando pase un pouco o calor quero chegar a Vigo. Avisareite.
Non quero molestarche mais. Agardo tuas novas. Garimosas lembranzas pra Pilar e pra todolos teus e un abrazo forte e devoto pra ti de

[Isaac Díaz Pardo]

FICHA DOCUMENTAL