Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1964
18/05/1964Castro, 18.5.1964
Sr. D. Valentín Paz-Andrade
Vigo
Querido Valentín:
Agradezo moito a tua do 16 cte. especialmente pola parte que me toca na tua expresión de que «quedará un pouco mutilado» o esforzo dos entusiastas de Lugo si fallamos a ela Seoane i-eu. Con respeuto a miña obra eu non penso o mesmo.
En troques, úrxeme decirte que remitín a Luís e Laxeiro as bases do concurso, que me deches para iles, e por suposto, limiteime a enviarllas sen dicir ren de que eu non pensaba asistir, e inda hoxe no tiven resposta. ¿Que debo faguer? ¿Enviarei algún cuadro de Luís? Me puxeche en un apreto de dúbidas. Preferiría que ti mo dixeras interpretando a intenzón de Luís – interpretazón que a min me e totalmente imposibre- i-eu fago o que ti digas e cho agradezo de verdade.
Penso, coma ti, que deben alentarse isas manifestazós culturaes coma o esforzo distes homes de Lugo, cuio mérito no poderá negar ninguén. Iste sentir fíxenllo coñecer a iles, ós de Lugo, ó agradecerlles a invitazón e faguerlles coñecer que por principio eu non participaba en mostras onde había concurso, inda fóra dil; salvando o cal me teñen a min e a miña laboura a súa disposizón. E coma non me gusta ter reservas mentais non teño incomenente en ofrecer unha eispricación máis ampria si se me pide. Se queres podes enviarlle a presente ós siñores de Lugo, a quen sego recoñecido.
Calisquer día estaremos por Vigo, pro ti, que con tanta frecuencias ves a lidiar no Foro da Cruña, sería unha bendizón que viñeras sempre a xantar connosco, sen avisar e acompañado de quen queira que veñas, pois inda que non xantaredes, craro, coma na Rúa dos Olmos, a rubida por Montouto compensa tudo.
A Pilar, Alfonso, nosa viva lembranza de todos os dista casa. A ti, unha tensa aperta do teu sempre amigo.
[Isaac Díaz Pardo]


