Vigo, 18 de febreiro de 1978
Sr. D. Isaac Díaz Pardo
Cerámica de Sargadelos S.L.
Cervo – Lugo
Querido Isaac:
Recibín a copia da nova denuncia. Sinto moito que non me dixeras algo do teu propósito, denantes de o levar a termo. Sospeito que o Xuzgado ao cal sexa turnada non-a admitirá a trámite. Precisaríase unha configuración penal dos feitos moito mais concreta, apoiada en probas –de primeiras documentales-, para que o órgao xudicial dera curso ao procedimento. Ademáis, nos asuntos d-este corte, é práctica constante que os Xuzgados do Penal se inhiban, pretextando a natureza civil dos feitos.
De calquera maneira, querido Isaac, meu consello é que en calquera acción de natureza xudicial, non deixes de te valer da técnica na materia. Os vieiros procesaes son ríxidos por natureza, e a actividade a mexer n-eles é moi estricta. Ben quixera que calquera día tiveramos unhas horas, pra afondar no asunto. Non esquezas tampouco que en moitos casos, o que ten na man a chave do raios –situación na que ti te atopas ao meu ollar -, gaña somente con lle ceibar fío á cometa, até esgotar as municións do contrario.
Ando a rematar notas e axustes derradeiros de A Galecidade na obra de Guimarães Rosa e tamén algunha ilustración. Coido que será tarefa de duas ou tres semanas.
Perdóame si o contido d-esta carta non resulta mais alentador, para a loita que tes aberta. Non podo botar fora de min ao home de dereito.
Lembranzas quentes de Pilar e miñas pra Mimina, e apéndices xeneracionales, coa mais arrochada aperta do teu sempre irmao,
Valentín


