12/01/1976 Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1976 / <!--Epistolario singular LS--> Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.
Compartir en

Buenos Aires, 12 de Xaneiro de 1976
Sr. D. Francisco F. Del Riego
Vigo

Querido Del Riego:
Catro letras de saúdo dende Buenos Aires e pra che decir que quedamos moi contentos de haber estado na casa de Domingo no teu homaxe. É un dos mais xustos de cantos se fixeron en Galicia. Algún día farase outro popular; mais este, recollido, íntimo, con quince ou vinte amigos reunidos arredor teu foi dunha grande beleza, enmais da sua emotividade. De certo xeito o homaxe foi a espresión de como terá de xusgarte a Galicia futura. Tiña que decir esto.
Aparte, ¿recibiches a carpeta de grabados miña, Insectario?. Deixeille o encárrego a Inés, en “Sargadelos” de Madrid. Si non a mandou, reclámalla. Deixeinas firmadas pra tí, Xohan Ledo, Domingo, Piñeiro e Dónega, etc.
Recibide Evelina e tí o forte abrazo de Maruja e meu e o noso desexo de un bo 76:
Seoane

FICHA DOCUMENTAL
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    12/01/1976
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Francisco Fernández del Riego
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Vigo
  • Ficha descritiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa]
  • Metadatos: