01/10/1953 Carta de García Sabell a Seoane. 1953 / <!--Epistolario singular LS--> Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de García Sabell a Seoane. 1953

01/10/1953
Domingo García-SabellPerfecto López RomeroLuís SeoaneMaruxa SeoaneElena TormoHéctor Villar
Compartir en

1, outono, 1953
Sr. D.
Luis Seoane
Bartolomé Mitre, 3793, 2º F
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Mañá sae o Perfecto e leva pra tí a coleición de fotos do Pórtico da Groria que che había prometido. Que esas imaxens maravillosas señan pra tí unha pequerrecha compensación ao teu inxente esforzo e unha incitación no teu profundísimo e valioso amor á Terra.

Tamén van unhas deliciosas décimas ao Apóstolo, que acaba de editar Monterrey.

Aínda non saíu o libro da Saudade. En canto apareza, terás o teu exemprar puntualmente.

Non deixes de asistir á tertulia da familia que se axuntará co Perfecto. Xa verás e comprobarás como o entusiasmo i-o ímpetu de cada familiar vai, vegada tras vegada, rubindo e facéndose máis tanxíbel.

Con saúdos pra Maruxa, recibe tí unha aperta moi fonda de

Domingo

[Escrito a man]

Querida Maruja:

Mucho nos acordamos de los ratos que pasamos juntos. El otro día estuvieron unos amigos vuestros, Celso y Angélica y pasamos una tarde estupenda con ellos y recordándoos a vosotros. Esperamos que pronto vosotros nos deis la sorpresa de una visita por estas tierras. Sería estupendo. Mientras tanto, os recuerdan con el mayor cariño vuestros amigos de aquí.

Elena

FICHA DOCUMENTAL
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    01/10/1953
  • De:
    Domingo García-Sabell
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Nova York
  • Destino:
    Nova York
  • Ficha descritiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/GELMÍREZ, 15/TELÉFONO 1330/SANTIAGO
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Metadatos: