08/01/1962 Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1962) / <!--Epistolario singular VPA--> Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Virxinia Pereira a Valentín Paz-Andrade (1962)

08/01/1962
Valentín Paz-AndradeVirxinia Pereira Renda
Compartir en

Bs. As. 8-01-1962.
Moi estimado amigo Valentín:
Acabo de me enterar do serio accidente que vostede sofriu, e apresúrome a ponerlle estas breves liñas para que canto máis antes poidan, me digan como se atopa. Sabe de abondo que o estimo de verdade, e por elo a miña impaciencia de saber asiña de como vai isa saude. Catro letras serán de abondo, e como vostede non podrá, impóñolle ese sagrificio a Pilar, Alfonso o calisquera, desexando que elas me traian boas noticias.
Con unha forte aperta pra todos, despídome hoxe co sentimento do que lle ocurriu. Que me escriban asiña.
Sua sempre boa amiga,
Virxinia

FICHA DOCUMENTAL