galeguismo

----

galeguismo

[política]
Epístolas
2

Data Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1930-07-06
Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930
Santiago de Compostela
Orixinal Transcrición

Transcripción da Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930 en 06/07/1930

Santiago, 6 do mes de Sant Yago de 1930


Sr. D. Valentín Paz Andrade


Meu querido amigo e compañeiro:

Recibo a sua cariñosa invitación pro acto galeguista que se proieita en Vigo. Agora ben: O 25 é un dia en que non m-é posibre sair de Sant Yago. Como sabe vosté ven o Ministro de Gracia e Xusticia a facer a ofrenda; e os que temos cargos de Decanos non podemos sair do pobo sin licencia do de Istrucción Púbrica. En circunstancias ordinarias esto non sería incomente; pro vindo o Señor Ministro, sería cousa improsibre conseguir premiso pra tomar parte n-un acto calquera que o arredase a un da pobración. Ademáis, andan aquí algús elementos coa ideia de que se faga n-ese mesmo dia algún acto en Sant Yago; e anque non sería do mesmo xeito que o que vostedes se propoñen, de todas maneiras ven a engadir un oustáculo máis á miña saida. Síntoo moi de veras, pois tiña desexo de falar de este movimento con todos vostedes os enxebres e ver si antre todos adiviñabamos a causa da frebe galeguista que lles entrou a algús dos que andan n-el e que o diaño leve si se podía sospeitar que tivesen tal entusiasmo po-los nosos ideales.
Non faltará ocasión de que charlemos encol de esto; e hastra destonces e sempre, conte co cordial afecto de seu devoto amigo e compañeiro


Salvador Cabeza

1930-10-27
Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930
Santiago de Compostela
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930 en 27/10/1930

Sant Yago, 27 outono do 1930


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Abogado
Vigo


Meu querido amigo e compañeiro:

Recibín o folleto que contén os discursos pronunciados no mitin do Teatro García Barbón. Inda que xa os había leído na prensa diaria, fólgome moito de velos recollidos n-un volume e agradézolle de veras o envío do folleto: os traballos que o forman son de unha enxundia rexa, grandes leiciós de cátedra galeguista, tan outos de pensamento como barudos de lenguaxe. Miña embora, xa que a ocasión se persenta, -pol-a sua intervención destacada e valiosa no acto rifirido.
Non me esquenzo do meu compromiso con vosté: pro déixeme sair do empeño en que estou metido e que comprenda vosté que é de importancia capital. Non sei si sabe que o Ministerio de I.P. autorizou â Universidá (accedendo a unha petición minha) pra que dé aloxamento doado nos seus locales, ô Seminario de E[studos] G[alegos]; e aquí me ten, meu amigo, n-este choio do traslado que é cousa seria e de un traballo e preocupación formidabres.
Xa sabe que é sempre de vosté moi cordial amigo e compañeiro que con toda efusión o sauda,


Salvador Cabeza


Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0