José María Posada (1817-1886)
Fondo: Rosalía de Castro
Escritor e xornalista galego vinculado ao romanticismo literario. Foi fundador do Faro de Vigo (1852), onde, baixo o nome de pluma de Don Lucas, publicou numerosas crónicas, ademais de lendas e poemas. Escribiu tamén a obra de carácter memorialístico Un paseo de Vigo a Bayona (1866). As súas Poesías selectas, en lingua galega e castelá, foron incluídas a título póstumo na Biblioteca de Autores Gallegos de Martínez Salazar (1886). Sendo estudante fundou o xornal La Aurora de Galicia. Periódico de Literatura, Ciencias y Artes, onde publicou pezas como “Estudios Sociales. Respeto a la mujer” (no número 8), onde se ofrece unha concepción relativamente avanzada sobre o papel social das mulleres. Exerceu como fundador da Academia Literaria y Artística de Santiago, un dos máis notables precedentes do Liceo de la Juventud, ao que estivo activamente vinculada na súa mocidade Rosalía de Castro. É autor de numerosas recensións críticas da literatura da época, entre as que cabe salientar a de La gaita gallega de Pintos (Galicia. Revista Universal de este Reino, número 3). Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
---|---|---|---|---|
Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
1868-06-23 | Carta de Rosalía a Posada. 1868 |
Santiago de Compostela - | Destinatario/a |
Transcrición
Transcripción da Carta de Rosalía a Posada. 1868 en 23/06/1868Sñr. D. José María Posada. |