Manuel Rodrigues Lapa (1897-1989)
Filólogo e catedrático da Universidade de Lisboa. Manuel Rodrigues Lapa (Anadia, Aveiro, 1897-1989) foi un filólogo portugués que realizou varias investigacións sobre o a lingua galega. Estudou na Universidade de Lisboa, onde se doutorou coa tese Das Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média (1930). Pola súa oposición ao Goberno de António de Oliveira Salazar, foi afastado da Facultade de Letras en 1935 e pasou a dedicarse ao xornalismo (dirixiu O Diabo) e ás investigacións literarias. Tras ser encarcerado exiliouse en Brasil, onde deu clase en varias universidades e onde realizou investigacións sobre o século XVIII en Minas Gerais. Regresou a Portugal despois do 25 de Abril.Desde os inicios da súa carreira investigadora prestou atención á lingua galega, primeiro nos vilancicos dos séculos XVII e XVIII e, posteriormente, nas cantigas de escarnio e maldicir. En 1973, Rodrigues Lapa publicou un artigo na revista lisboeta Colóquio/Letras no que se proclamaba partidario de que o galego se escribise con ortografía portuguesa. O artigo reeditouse en Grial e provocou unha acendida polémica.
121