2 MENCIóNS A Alejandro Chao (-1894)
Xunto co seu cuñado Juan Compañel e o seu irmán Eduardo Chao, é o empresario máis relevante do mundo editorial galego do século XIX. Nun intre decisivo para a consolidación da prensa escrita, contribuíu a crear unha intensa rede comercial e informativa entre a Galicia interior (nomeadamente Vigo), a capital do Estado e a Galicia transatlántica (A Habana). Fundador do periódico La Oliva, vinculado ao xornal El Miño e correspondente americano de El Heraldo Gallego, financiou parte dos custos de impresión da Historia de Galicia de Murguía. Instalado en Cuba desde os anos sesenta do século XIX, foi o promotor da empresa La Propaganda Literaria, que auspiciou a publicación do libro Follas novas (1880). Arriscou gran parte do seu capital abrindo unha sucursal madrileña da imprenta, na que deu ao prelo La Ilustración Gallega y Asturiana, continuadora da tradición de prensa ilustrada que dera comezo co Semanario Pintoresco Español e o Museo Universal, e que resultou moi importante na difusión dos traballos xornalísticos de Murguía e de Rosalía de Castro.Fonte
Martínez, Xurxo. “Alejandro Chao, o editor e amigo de Rosalía de Castro”. Faro de Vigo, 5 de decembro de 2013.
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
---|---|---|---|---|---|---|
Data | Relación | Remitente - Destinatario | Orixe | Destino | [ O. ] | [ T. ] |
Mencionado/a | Carta de Rosalía a Murguía. Sen data |
Transcrición
Transcripción da epistola Carta de Rosalía a Murguía. Sen data...Antes que se me olvide. ¿Le cogiste a Correa el original de Romana? Persíguelo, a ver si tiene ahí lo que le falta al que me mandó Alejandro, pues en el medio y catorce... |
||||
1884-02-04 | Mencionado/a | Carta de Rosalía a Ínsua. 1884 |
Padrón | A Habana | Orixinal |
Transcrición
Transcripción da epistola Carta de Rosalía a Ínsua. 1884 en 04/02/1884Señor don Waldo A. Insúa - Habana. |