Nós
Colección: Otero Pedrayo con Antonio Fraguas
Esta revista foi unha das iniciativas máis frutíferas da cultura galega. Botaron a andar o proxecto Risco, Castelao, Cabanillas e Losada Diéguez. A cabeceira traballou a prol da dignificación da lingua, da procura dunha estética xenuinamente galega e dos vínculos culturais europeos.
No editorial de presentación figuraba que sería un estudio piedoso e devoto, cheo do sinceridade, de todol-os valores galegos: dos nósos valores tradicionás, e mais dos valores novos que cada día estanse creando na nósa Terra
.
A revista caracterizouse pola súa pluralidade e ofreceu contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.
Épocas
Os primeiros quince números saíron entre 1920 e 1923 no obradoiro de La Región. Por falta de financiamento, os seguintes tres números tiveron que se imprimir na imprenta de Joaquín Poza Cobas. Pechou así a primeira etapa da revista, que entrou nun letargo de dous anos. Ánxel Casal retomou a publicación en 1925 desde a súa editorial Lar e, posteriormente, creou a editora que se chama igual que a publicación. Mantivo a súa periodicidade ata o inicio da Guerra Civil, cando os números 139-144, que se correspondían cos meses de xullo a decembro, tiveron que ser destruídos sen que se chegaran a distribuír.
Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
---|---|---|---|---|
Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
1943-03-31 | Carta de Otero Pedrayo a Fraguas |
- | epístola | Orixinal - |