TEMÁTICA: Ferminita
Fondo: Rosalía de Castro
[personaxe de ficción] Pola correspondencia de Murguía, sábese que había unha señora chamada Dª Fermina no entorno da familia Martínez Murguía, mais polo ton da carta de Rosalía de Castro que a menciona tamén se podería entender como alusión á personaxe da criada Fermina na peza teatral El barón, de Leandro Fernández de Moratín. Estreada primeiro como zarzuela nun teatro de Cádiz (1787), por encargo da viúva de Benavente, representouse por primeira vez como comedia no madrileño teatro de La Cruz, no ano 1803. A principal característica de Fermina é a súa brutal sinceridade, que lle fai cualificar a tía Mónica, o principal personaxe da obra, de “desastrada”, “floja”, “puerca”, “andrajosa” ou “majadera”. O termo “plebeya”, empregado por Rosalía de Castro para se referir a Fernán Caballero, así como a desconsiderada franqueza que lle atribúe, parece gañar sentido no contexto da carta coa alusión á criada da obra moratiniana. Fonte: Acosta Romero, Ángel Luis (1990). «El barón, comedia neoclásica. Aproximación a su estructura interna». Philologia Hispalensis, IV, I, pp. 417-431.
Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
---|---|---|---|---|
Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
Carta de Rosalía a Murguía. Sen data |
- | epístola |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Rosalía a Murguía. Sen data...va empezar a trabajar de nuevo, y lo siento bastante. No obstante, cuando reflexiono en la miseria que puedo sacar de todo ello me dan ganas de hacer trizas cuentos, novelas y aun mi loca cabeza, que tiene la manía de entretenerse en tales cosas. |