TEMÁTICA: Joaquina
Fondo: Rosalía de Castro
Probablemente era unha parente próxima da familia Martínez Murguía, de quen envía lembranzas Teresa, a irmá do historiador, desde Santiago nas cartas de 3 de outubro e 10 de decembro de 1861, recollidas na correspondencia a Murguía. Parece terlle especial agarimo a Alejandra Martínez-Murguía, a filla de Rosalía de Castro, pois na primeira desas cartas di: “Joaquina que también sintió no besar a la niña y comprarle una cosita”. Barreiro (2012: I, 52) sinala entre os parentes por parte da avoa de Murguía unha tal Joaquina de Castro, que sería curmá do sogro de Rosalía, Juan Martínez de Castro. Fontes: Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia. Barreiro Fernández, X. R. / Axeitos, X. L. (2003). Cartas a Murguía. 2 vols. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza.
Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
---|---|---|---|---|
Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
Carta de Rosalía a Murguía. Sen data |
- | epístola |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Rosalía a Murguía. Sen data...nos hallamos demasiado lejos. Paciencia. Ninguna contestación tuve de Joaquina, y no quiero mandarle más a la niña, a no ser que tú me mandes otra cosa. Que se lo coman y se lo guisen todo. |