PROXECTO EPÍSTOLA

----

TEMÁTICA: Guerra Civil española (1936-1939)

[conflito armado]
Epístolas
1
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1976-07-07
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1976
Santiago de Compostela
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1976 en 07/07/1976

Santiago de Compostela, 7 de Santiago de 1976


Sr. D. Valentín Paz-Andrade


Meu querido Valentín:

O teu poema fixo o miragre de facerme vivir con agudo dramatismo aqueles días da miña fuxida que ti evocas e nos que tivestes tanta parte, valor e xenerosidade. Si, lémbrome ben, faleiche «polo aramio» dende a casa do finado Trabazo. De seguida te decatastes da gravedade do meu caso. Non fixen mais que darte o meu nome: Moncho. Dempois no teu despacho acima do Derby o encargo ao alcalde, a viaxe, o encontro cos falanxistas que voltaban de Valladolide de asistir aos funerales de Onésimo Redondo, e o paso do río pola tardiña –vai fazer pronto 40 anos- e finalmente a salvación.
Mais o teu poema non é somentes dramaticamente preciso senón de requintado valor artístico e de ritmo amplo e clásicamente «novo». Deus cho pague! Deixareillo á miña filla coa meia ducia mais de documentos referentes á miña vida. Sabela fíxomo ler tres vegadas e eu non sei cantas o leín. Se me perdoas empregarei o teu verso e decirche que eu non serei para ti, para o que fixeches por min e para o teu estupendo poema –cando publicas o libro?- como o «río... unha vida que corre sen memoria».
Apertas fondas do teu irmán

Moncho