Persoa: Luis Caparrós Muñoz

Persoa: Luis Caparrós Muñoz [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1976-01-21
Carta de García Sabell a Seoane. 1976
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1976 en 21/01/1976




21-I-76
Querido Luis:

Recibín o voso saúdo. I, en Madrid, entregáronme o Insectario. É ún dos álbumes máis fermosos que levas feito.
Cada grabado rebule de incitacións e suxerencias. Ise mundo dos bichos escuros é como un feixe de lembranzas que se engaratiñaran na imaxinación. Ele lévanos á paisaxe, ás ponlas caídas, aos pequenos buratos por onde emerxe ise mundo inquedante que tí, maxistralmente, expresas.
E todo por tí vive: as patas como saucos, as cacholas enigmáticas, os grillóns na cadea dos corpos. Todo vive, sí, e todo se amostra. O cartafol é como un gran penedo ao que se lle dou a volta e rebenta na pululación formigueira de cen orgaísmos segredos.
E tamén atopo no teu Insectario o esplendor rutilante de corpos que son como barcos na noite. E altivas testas tiránicas, frías, crueles. E aititudes dunha rara elegancia. E complicadas redes, e pérfidos laberintos.
E todos, en conxunto, fan o innumerable desfile do que se oculta, do que se aconchega, do que está á espreita, do que brila na luz, do que chouta, da xorda e abigarrada feira da vida primaria, da fidelidade biolóxica, do latexar a carón do humus orixinario. Ise humus no que están envolveitos os nosos mortos –e no que nós tamén nos envolvemos. O humus dende o que nos será dado ollar para os bichocos espléndidos. Como tí, agora, fitache neles. Cos teus ollos creadores e garimosos de artista galego. Gracias, querido Luis, por iste teu xeneroso gasallo.

XXX
Penso dar para o proisimo Grial o texto da miña presentación do outro cartafol, o das caracolas e os ramallos.
XX

Tamén tiven parte na que se levou a cabo, en Arenas, do coaderno de Xohán Ledo. Tanto Xosé Díaz como o propio Ledo estiveron moi ben.

XX

E agora, un pedido, si é que é posíbel. Trátase de Luis Caparrós, bo periodista i encendido ademirador teu. O outro día paroume na rúa para solicitar a miña intercesión cabo de tí. Desexa un dibuxo, por sinxelo que sexa, da sua faciana. Un retrato, non para publicar, senón para ter na casa. Polo visto, é unha vella ilusión, un antigo desexo que, deica istes intres, no se atreveu a formular. Díxenlle que foi unha pena nono houbera dito cando tí estabas eiquí, que eu houbera aituado de apresentador. Pro o home, inda que non é galego, é tímido. E velahí.
Si tí te animas a trazar uns contornos, eu encantado. Pro, de todos xeitos, considera a miña intervención como unha obriga á que non puiden esquivarme. Acompaño a foto que me remesou eiquí, a Santiago, o interesado.

XX

E, por hoxe, ren máis. Nós sempre agardando, e acabades de marchar, a vosa volta.
O país non vai mal. Seguimos con un certo outimismo condicionado.
Apertas ben cariñosas de Elena e miñas para Maruxa e para tí.
Teu decote,

Domingo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacOtero Pedrayo, RamónPaz-Andrade, ValentínCarballo Calero, RicardoDieste, RafaelVarela, LorenzoArias “Mimina”, CarmenGarcía-Sabell, DomingoFernández del Riego, FranciscoDíaz, XoséCastelao, Cuadrado, ArturoDónega, MarinoGerstein, MarikaMuñoz Manzano, CarmenNúñez Búa, XoséLaxeiro, Scheimberg, SimónVázquez Freire, José LuísGil Varela, ÁlvaroRey Romero, JoséSofovich, BernardoDíaz Arias de Castro, CamiloPiñeiro, RamónBurd, LipaPicasso, PabloFrontini, NorbertoLifschitz, RafaelBlanco Amor, EduardoBaltar Domínguez, AntonioGerstein, NoemíLifschitz, EmmaBaudizzone, LuísBurd, EstherColmeiro, ManuelRónai Pal, PauloOtero Espasandín, XoséRodríguez de Prada, PilarFernández-Albalat Lois, AndrésNogueira, FedericoFalcini, LuísMaside, CarlosDíaz Arias de Castro, RosendoAlvajar, AmparoSuárez, MarcialLifschitz, CarlosDieste, MireiaPrada, Lala de Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesliteraturaartes visuaisColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoaneespazos artísticos Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero A nova Sargadelosautores/asmigracións Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalemigraciónpolíticamedios de comunicaciónprensa escritaFábrica de Porcelanas La MagdalenaColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeHistoria da Literatura Galega ContemporáneahistoriaGalería Boninoartes escénicasNadal [festa]Álbum de GaliciaColección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz PardocineGalería Sargadelos de BarcelonaviaxeexiliopremiosradioEdiciós do CastroenfermidadeSeminario de Estudos GalegosExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Pedrón de OuroInsectarioCeltia S. A.PescanovaCuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de SargadelosMundial de Fútbol de 1978defunciónsHomenaje a la Torre de HérculesA galecidade na obra de Guimarães RosaCastelao na luz e na sombraMar de histórias: antologia do conto mundial Epistolario de Ricardo Carballo CaleroPoliclínico da RosaledaExposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967Martín Fierro

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0