Persoa: Antolín Faraldo

Persoa: Antolín Faraldo [21]

Data Material Ver
Data Material Ver
Entrada biobibliográfica de Antolín Faraldo no DB-e da Real Academia de la Historia
Biografía de Antolín Faraldo na Galipedia
Retrato de Antolín Faraldo de Francisco Sobrino
Conferencia de Xurxo Martínez sobre Antolín Faraldo
1842-01-00
Presentación de El recreo compostelano (1842-1843), xornal do que Antolín Faraldo era redactor principal
1845-00-00
El porvenir: revista de la juventud gallega (1845) en Galiciana
1845-00-00
Retrato de Antolín Faraldo de Francisco Sobrino Iglesias. Ca. 1845
1845-00-00
Cabeceira de El porvenir: revista de la juventud gallega, publicación na que participou Antolín Faraldo. 1845
1846-00-00
Portada do número 1 de La revolución, voceiro do que era principal redactor Antolín Faraldo
1846-10-06
Aviso de instrución da causa contra os escolares -entre os que figura Antolín Faraldo- que se sublevaron en Santiago de Compostela en abril de 1846
1908-00-00
Cuberta da obra de Francisco Tettamancy dedicada á Revolución de 1846
1936-00-00
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1936
Ver [Carta manuscrita co membrete:]

Transcripción da Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1936 en 00/00/1936

Santiago [1936]


Meu amigo Valentín:

Rescebín a tua. Pareceme moi ben que te ocupes de duas das persoas mais siñificativas do noso dazanove grande e sin estudar ainda. Tuvestes sorte en dirixirte a min en precura de datos pois e probable que che poda facilitar datos que eu soio poseo. Pol-o depronto ahi che van de Faraldo o que atopei no meu arquiviño caseiro. O expediente e firma e... todo esta inédito (podese decir asi pois os artigos periodísticos...). Pero ó que me referia denantes era ó periodico (descúbrete) El Porvenir do que son o único poseedor, que llo teño prestado a D. Salvador e que tan pronto como veña este de Madride (o sábado ou domingo) che mandarei, sempre que me des a tua mais valorada palabra de honor de que mo coidaras (os nos que se publicaron teñoos todos) como si fora eu mesmo ou ainda millor. De Aguirre teño tamén Corona funebre a Aurelio Aguirre feita pol-os poetas e escritores da epoca –Rosalía, Pondal, etc- que da moitos datos da vida de il... Dime si a tes, e si non mándocha. Teño tamén (e me parez que duplicadas) a sua coleccion de poesías (faltan un ou dous pliegos).
De Faraldo e Aguirre fala bastante Murguía nós Precursores, Bibl. Gallega da Cruña de M. Salazar, T. I (si non o tes mándocho eu que o teño). Tettamanci en Hª de la Revolución Gallega de 1846, e Carré nunha das suas obras (non me acordo agora cal é) de Literatura Gallega (Me parece que a hai no C. Mercantil de Vigo).
De Aguirre hai un artigo publicado na Ilustración Gallega y Asturiana (tes esta obra completa na redacción do P. Gallego no despacho de Angulo na librería abaixo, en rustica e postos verdes de papel) e outro que me parece unha tonteria pero que tes que mirar por si acaso na [ilexible] de N. Correal.
De Faraldo, debes escribir a Betanzos ao cura que che mande a p. de nascimento e che poña en comunicación cos descendentes (constame que os hai e un deles e o autor do artigo do Compostelano) que che pode dar moitos datos. Si atopo algo mais xa cho direi pero coido que como o teu traballo mais ben que un traballo erudito será unha visión do noso dazanove a traves de Faraldo, Aguirre e Añón pode ser que te abonde co istes datos.
Non che convirian datos do ambente cultural e político de Galicia nos anos de estes homes? Podes facer unha cousa bonita, bonita, de estampa integral da Galicia de aqueles anos. Si esto fas eu che podo proporcionar moitos datos por ser unha das miñas chifladuras o periodismo e a cultura do XIX.
Boeno, abonda. Xa me estou entusiasmando demais. Miña fonda e cordial embora pol-a tua conferencia en Madrid. Pareceume xunta coa de Otero (non sei se a deu pero sei de que vai falar) as cousas cousas serias, os unicas cousas finas de esa serie de conversas. Si escribes a Fernando dille... o que queiras pois non quero cair na cursilería de encargarte abrazos, recordos, etc.
O que si che ei de agradecer e que si podes te enteres de si certo desconto que das permanencias se nos facia todol-os meses para o Bibliotecario se reintegraron os catedraticos e si ese e o caso que fagan o favor de mandarme o meu. Esto pregoche o fagas con toda a diplomacia diplomática de un embaixador italiano.
Non estou ainda en Boiro senon en Santiago e ainda estarei bastante tempo.
Espero as tuas novas

Ramón


Fte. De San Miguel, nº 1-2º, ou mais seguro

Seminario de Estudos Galegos


1957-00-00
Sobre o lugar do pasamento de Antolín Faraldo
1973-04-00
Artigos de Antolín Faraldo de El recreo compostelano, publicados no número 40 da revista Grial
1973-07-00
Artigos de Antolín Faraldo de El recreo compostelano, publicados no número 41 da revista Grial
2003-00-00
Biografía de Antolín Faraldo na Gran Enciclopedia Galega
2015-00-00
O xornal La Oliva como ponte entre as xeracións de Manuel Murguía e Antolín Faraldo
2016-00-00
A batalla de Cacheiras e a participación de Antolín Faraldo
2016-03-07
Abril de lume e ferro, obra de teatro de Manuel María
2022-08-00
Cartel dos Xogos Florais de Betanzos, dedicados en 2022 a Antolín Faraldo
2022-09-01
Homenaxe a Antolín Faralgo en Nós diario (1 de setembro de 2022)
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoOtero Pedrayo, RamónCarballo Calero, RicardoDíaz Pardo, IsaacDieste, RafaelGarcía-Sabell, DomingoVarela, LorenzoPiñeiro, RamónPaz-Andrade, ValentínHervella, EvelinaCela, Camilo JoséMaside, CarlosCunqueiro, ÁlvaroCastelao, Cuadrado, ArturoFerreiro, Celso EmilioColmeiro, ManuelLaxeiro, Fole, ÁnxelMurguía, ManuelCabanillas, RamónLedo, XohánBlanco Amor, EduardoLapa, Manuel RodriguesMartínez López, RamónBouza Brey, FermínIglesia Alvariño, AquilinoDelgado Gurriarán, FlorencioValle-Inclán, Ramón MaríaMagariños Negreira, XuliánPicasso, PabloArias “Mimina”, CarmenCastro, Rosalía deCabana, Darío XohánPrada, RodolfoÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaRei, LuísNeira Vilas, XoséPorteiro García, María XoséValcárcel, MarcosCampos, Xesús “Chichi”Núñez Búa, XoséScheimberg, SimónFariña Cobián, HerminiaRónai Pal, PauloPondal, EduardoDónega, MarinoCarro García, Xesús Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. Álbum de Galiciaartes visuaisasuntos particularesmigraciónsemigraciónautores/asmedios de comunicaciónhistoriapolítica Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero prensa escritaespazos artísticosMulleresFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Celaexilio galegoColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoaneaxentes culturaislinguaA nova Sargadelospoesía Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalFondos de Radio Nacional de España en GaliciaÁlbum Nósexilioradio“cartografías” do Álbum de mulleresdereitoLingua. LiteraturanacionalismoMulleres no Álbum de GaliciaColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeensinoHistoria da Literatura Galega ContemporáneamúsicapremiosColección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón PiñeiroetnografíaFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolLibro de TapasFardel d’eisiladosociedadeGalería Boninoteatroartes escénicasentrevistanovelapatrimonioviolencia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0