Persoa: Ramón Vázquez Molezún

Persoa: Ramón Vázquez Molezún [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1957-07-29
Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1957
Ver

Transcripción da Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1957 en 29/07/1957

Buenos Aires 29 de xulio de 1957

Sr. D. Isaac Díaz Pardo
Castro de Osedo

Recibín todo o que enviaches. O teu mañífico libro, os dibuxos de Torres que están agora expostos no Centro Lucense e as túas porcelanas. Istas foron difíciles de sacar do barco, tivemos que sacalas en catro viaxes ao porto. Non é un bo procedimiento envialas ao traveso dun axencieiro. Teñen de ser traguidas por alguén que de verdade se encárregue do que lle encomenda. Tamén salíu o teu libro Midas e O ángulo de pedra. Remítocho por correio aparte. Estou a procurar unha sociedade editora. Sacamos tres libros, os outros son de González López e Valenzuela. Agora irá a imprenta un tomiño sobor grabado galego contemporáneo co que se pode facer eiquí.
Son necesarios mais dibuxos ou estampas, ou grabados pra Sala do Centro Lucense, non chegou ren aparte de Torres Valentín anunciome que tragía dibuxos teus que irei a recollelos no hotel mañán. Antonio deume o álbum de dibuxos que me anunciaras.
Escríboche de moita presa pois non quero que pase outro día sin facelo. O teu libro de dibuxos e prosae do millor que se fixo nise xénero. Deume unha grande alegría recibilo. Xa faleremos díl. Penso que o de teatro é tamén un libro notábel. Incorporas un mundo inédito ao teatro galego. Preciso mais cousas de Ollarnovo e as fotografías que me poidan enviar, sobor todo de arte novo, de Lago, Labra, Tenreiro, Dans etc. Tamén quixera algún traballo sobor do arquiteitos novos cruñeses, como Molezún, etc.
Agradézoche moito as porcelanas que fixeches coas figuras miñas, quedaron eispréndidas ista e as dos outros pintores. No número próisimo de G[alicia] E[migrante], saen as fotografías e unha nota.

Deica pronto. Un grande abrazo de Maruja e meu para todos vos, e ti recibe a forte aperta de:

Seoane


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Picasso, Pablo;  Maside, Carlos;  García-Sabell, Domingo;  Laxeiro, ;  Paz-Andrade, Valentín;  Colmeiro, Manuel;  Piñeiro López, Ramón;  Hervella Nieto, Evelina;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Scheimberg, Simón;  Castelao, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Falcini, Luís;  Alberti, Rafael;  Goya, Francisco de;  Blanco Amor, Eduardo;  Fole, Ánxel;  Sofovich, Bernardo;  Díaz, Xosé;  Gerstein, Marika;  Ledo, Xohán;  Núñez Búa, Xosé;  Miró, Joan;  Burd, Lipa;  Carballo Calero, Ricardo;  Otero Espasandín, Xosé;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Cabanillas, Ramón;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Frontini, Norberto;  Unamuno, Miguel de;  Burd, Esther;  Muñoz Manzano, Carmen;  Baltar Domínguez, Antonio;  Souto, Arturo;  Cunqueiro, Álvaro;  Gil Varela, Álvaro;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Prada, Rodolfo;  Torrallardona, Carlos;  Klee, Paul;  Eiroa, José Gabriel;  Velázquez, Diego;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  emigración;  migracións;  asuntos particulares;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  prensa escrita;  política;  A nova Sargadelos;  historia;  artes escénicas;  Galería Bonino;  radio;  cine;  premios;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  Libro de Tapas;  Círculo de las Artes de Lugo;  Álbum de Galicia;  Fardel d’eisilado;  Xosé Eiroa;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro;  Catro poemas para catro gravados;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Bienal de Venecia;  Eudeba;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Bauhaus;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Galería Sargadelos de Barcelona;  poesía;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  Lonxe;  Luís Seoane. Gravados;  dadaísmo;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Ediciós do Castro;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Precursores e novos;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0