Temática: A emigración galega nos Estados Unidos

Temática: A emigración galega nos Estados Unidos [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
Anuncio na prensa dun negocio de emigrantes galegos no distrito de Nova Jersey, ca.1990
Ver

Transcripción da Anuncio na prensa dun negocio de emigrantes galegos no distrito de Nova Jersey, ca.1990

Na primeira metade do século XX os galegos dedicábanse basicamente a actividades propias do sector servizos, en labores nos barcos e portos ou na construción, tanto de obras públicas (estradas, aeroportos, edificios públicos...), nun momento de crecemento das cidades americanas, como de edificación de casas de particulares e mantemento. Outras vías laborais estiveron na hostalaría (camareiros, cociñeiros, lavalouzas...), nas fábricas e industrias como obreiros de baixa cualificación, no ramo do tabaco...; en definitiva, nos sectores económicos de máis baixa cualificación. As mulleres emigrantes centráronse no servizo doméstico, no sector téxtil ou como limpadoras nos hospitais ou edificios públicos. Na segunda metade do século percíbese unha maior presenza de técnicos profesionais e industriais. Este cambio dáse tanto pola iniciativa e maior formación dos e das emigrantes como pola integración e maior nivel educativo das segundas xeracións. Os fillos e fillas de emigrantes, nacidos no país e con plenos dereitos, séntense americanos e optan aos mesmos estudos e profesións que os seus compatriotas.
A construción foi unha das principais saídas laborais dos emigrantes galegos asentados en Newark e Nova York. É importante destacar como o traballo duro e a propia iniciativa converte moitos destes emigrantes de asalariados en propietarios de pequenos negocios, polo que as súas condicións económicas melloran e pasan a ser membros de pleno dereito da clase media americana.



Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0