Temática: artes plásticas

Temática: artes plásticas [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1962-00-00
Maruxa Seoane, compañeira de vida e obra de Luís Seoane, 1962
Ver

Transcripción da Maruxa Seoane, compañeira de vida e obra de Luís Seoane, 1962 en 00/00/1962

María Elvira Fernández López era coñecida por todos como Maruxa Seoane. Ela viviu sempre á beira do gran pintor e intelectual galego Luís Seoane, acompañándoo en todas as vicisitudes vitais polas que tiveron que pasar e apoiándoo en todas as súas iniciativas. Xuntos no exilio e xuntos no retorno ata a morte do artista.
Grazas ao seu empeño, en Galicia podemos contar e gozar da Fundación Luís Seoane, que se encarga de difundir e preservar a obra do xenial artista. Ela mesma se ocupou de recuperar gran parte dos seus cadros e debuxos e traelos a Galicia para todos os galegos e galegas.
Foron mozos desde que eran moi cativos e sempre estivo ao seu carón. Mesmo cando, tras o estalido da Guerra Civil, Seoane tivo que fuxir a Arxentina, ela toma, pouco despois, o camiño do exilio para reunirse con el e tan pronto chega a porto casan para que as autoridades arxentinas permitan a súa entrada no país. Pasa a ser unha ama de casa dilixente e unha excelente anfitrioa para os seus numerosos amigos e colegas, así como a súa asistente no seu traballo como pintor, a súa axudante e mecanógrafa... e tamén colaborou activamente na edición da revista Galicia Emigrante, onde se encargou das seccións de “Gastronomía”, “Moreas de Humor” e “A Ramallada Florida” (dedicada á cultura popular galega, cantigas, refráns, trabalinguas...). Foi, así mesmo, unha presenza constante e participativa nas actividades culturais e sociais da colectividade.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, Castro, Rosalía deDíaz, AvelinoFerreiro, Celso EmilioAfonso, José “Zeca”Curros Enríquez, ManuelPondal, EduardoBoga, MaruxaViqueira Landa, LuisaTacholas, Fernando IglesiasPereira Renda, VirxiniaViqueira López-Cortón, María LuisaNan de Allariz, AlfredoSeoane, MaruxaFoxo, Xosé LoisAróstegui, AlfredoTettamancy, FranciscoFernández, ElsaBlanco Torres, RobertoOtero Pedrayo, RamónValenzuela, Ramón deLópez Ferreiro, AntonioMiranda, AnisiaVeiga, PascualIglesias, ClotildePérez Parallé, Xosé MaríaLópez Romero, PerfectoFontenla Leal, JoséSeoane, LuísLosada Diéguez, AntónCalvo Sotelo, LeopoldoBlanco Amor, EduardoVillaverde, MarivíValle-Inclán, Ramón MaríaVieito Bouza, MercedesGarcía-Sabell, DomingoDíaz Gallego, IolandaReboiras, MonchoNeira Vilas, Xosé Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transiciónsociedadelinguanacionalismoaxentes culturaisDefensa da linguaacción políticaAsociacións culturaisasociaciónsensinoemigraciónHistorias de ida e voltaMulleresÁlbum de GaliciaMemoria e voces femininas da diáspora galegaAcción sindicalorganizaciónspolíticaexilio galegoacción socioculturalEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981feminismoO galeguismo en Américaradioprensa escritapoesíaemigrantesfranquismomovementos sociaiscorosteatroartes plásticasliteraturaautores/as100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónGalegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de LisboaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentinarepúblicamúsica tradicionalpolítica institucional

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0