Contido:
Foi iniciativa de Luís Seoane. No único número que chegou a publicarse levaba un editorial —"Homes-cucos"—, un comentario sobre o discurso lido por Dieste no seu ingreso na Real Academia Galega e un poema de Lorenzo Varela, "Cantiga nova que se chama cadea", dedicado "a Xosé Luís Méndez Ferrín, na gaiola".
Este voceiro cultural comprendía notas sobre publicacións, representacións teatrais, discursos, exposicións etc., centradas en autores galegos ou ben de temática galega. Acompañábase dun suplemento contendo a cantiga de Varela e dúas recensións de libros, unha delas asinada por S. Fernández Ollarnovo.