Subtítulo:
Órgano de la Agrupación Galicia
Dirección
Manuel F. Ponte;
Xefatura de redacción
Rodrigo S. Juanes; Celso Emilio Ferreiro;
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Notas:
Para contextualizar a publicación convén indicar que en agosto de 1968 foron expulsados da Hermandad Gallega de Venezuela un grupo de socios entre os que estaban: Manuel F. Ponte, Celso Emilio Ferreiro, Rodrigo S. Juanes, Eliseo Montes Peagudo, José María Ferreiro Loredo, Nicanor Pérez Vilarchao, Manuel Teijido Gestal e Alfonso Freire González. O primeiro deles é o director da publicación e os dous seguintes foron redactores.
Redacción:
Caracas. Venezuela
Imprenta:
Gráficas Litoral, Caracas. Venezuela.
Contido:
Publicación societaria cunha marcada orientación galeguista. A revista contén crónicas, denuncias, reivindicacións, opinións, artigos etc., de carácter político e cultural sobre a situación de España e de Galicia. Esta serie de escritos mestúrase con críticas respecto ao rumbo que está a tomar a Hermandad Gallega de Venezuela, establecendo paralelismos entre as condutas represivas exercidas pola súa directiva e o réxime franquist.
Observacións:
Para contextualizar a publicación convén indicar que en agosto de 1968 foron expulsados da Hermandad Gallega de Venezuela un grupo de socios entre os que estaban: Manuel F. Ponte, Celso Emilio Ferreiro, Rodrigo S. Juanes, Eliseo Montes Peagudo, José María Ferreiro Loredo, Nicanor Pérez Vilarchao, Manuel Teijido Gestal e Alfonso Freire González. O primeiro deles é o director da publicación e os dous seguintes foron redactores.
Ilustracións:
Case na súa totalidade son debuxos e viñetas humorísticas, a presenza de fotografías é moi escasa. En xeral as ilustracións xogan coa ironía e a denuncia no campo político
Números consultados:
1968: n.º 2