Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Ata o n.º 9: Semanario ilustrado de literatura e intereses generales
N.º 10-18: Semanario ilustrado de literatura e intereses regionales
N.º 19- 35: Semanario ilustrado de intereses generales

Lugar:
A Habana
Inicio:
1895
Dirección
Eduardo Núñez;
Propiedade
Vicente Fernández de la Presa. nº 4-14;
Colaboración
Alfonso Pérez; Blas Milfas; C. Nieva; Clemente Bravo; E. Núñez Sarmiento; F. López García; Frai Antón; Manuel F. Pérez de la Presa; Marcelino Pereiro; Pepe Sánchez; Tomás Neri;
Periodicidade:
Semanal
Idioma:
Castelán. En galego aparece ocasionalmente algún pequeno texto
Formato:
56 x 37 cm., agás o n.º 19: 45 x 34,5 cm.
Extensión:
4 páxinas, excepcionalmente 2 ou 8 páxinas
Prezo:
Subscrición mensual: 0,50 $
Redacción:
Luz, 24. A Habana
Sol, 83. A Habana
Imprenta:
La Constancia, Manzana de Gómez. A Habana.
La Tipografía, O'Reilly, 10. A Habana.
Manzana Central. A Habana.
Contido:
Revista cultural, na que se intercalan noticias procedentes de terras galegas, referencias ás colectividades galegas en Cuba (adoptando unha postura crítica fronte á dirección do Centro Gallego, na sección "En la trinchera"), notas biográficas (principalmente de militares do exército español destinados na illa) e algunha opinión ou comentario sobre aspectos de actualidade cubana desde postulados antiindependentistas, xunto con seccións como crónicas teatrais, páxinas culturais e históricas, páxinas de pasatempos e recreativas.
Ilustracións:
Escasas, xeralmente dúas ilustracións por número. Normalmente son fotografías e gravados evocadores de Galicia; tamén inclúe algunha reprodución artística e outros tipos de ilustracións, entre as que destacan retratos de militares españois de diferentes batallóns.
Publicidade:
Abundante e concentrada nas últimas páxinas. Predomina a de carácter comercial e de fábricas (principalmente de chocolate). O resto adoitan ser anuncios de profesionais liberais (médicos, profesores etc.) e minoritariamente doutros tipos (bancos, quintas de saúde, compañías de navegación etc.).