Subtítulo:
Publicación Oficial
Colaboración
Casimiro Reyes; J. Carreis; Jaime Solís; José García Mosquera; Luis de Castro; Luis Fernández Ardavín; Manuel Salleres; Marqués de Figueroa; Miguel de Corzames; Xoán Vidal; Castelao; Manuel Castro López; Victoriano Taibo; Xavier Bóveda;
Corresponsalía
Alejandro Barreiro, A Coruña; Amador Montenegro Saavedra, Vigo;
Periodicidade:
N.º 8-28: quincenal. A partir do n.º 29: mensual
Idioma:
Castelán, con colaboracións literarias en galego
Notas:
O n.º 18 conmemora o primeiro aniversario e aumenta o número de páxinas.
O n.º 34 representa o inicio dunha nova etapa, cun formato máis pequeno e un aumento do número de páxinas, novas seccións e máis espazo para as ilustracións
Extensión:
Variable, entre 6 e 14
Prezo:
Distribución gratuíta
Redacción:
Estados Unidos, 1532. Bos Aires
Lima, 616. Bos Aires
Imprenta:
López, Bolívar, 535. Bos Aires.
Contido:
Publicación societaria, voceiro oficial do Hogar Gallego, sociedade xurdida dunha escisión da Casa de Galicia, que se declara como "cultural de arte, deportes, recreo, solidaridad y regionalismo".
Contén informacións sobre as actividades da institución editora ("Notas de nuestra casa","Balance de Caja") e da colectividade ("Nuestro mundo colectivo"), manifestándose moi crítica con determinadas entidades como a Casa de Galicia e o Orfeón Gallego. Inclúe diferentes artigos de temática galega, nos que realiza unha propaganda dos idearios galeguistas. Por último inclúe colaboracións literarios e artigos sobre a arte e a cultura galega ("Biblioteca de autores gallegos", "Artistas gallegos contemporáneos") etc.
Observacións:
O n.º 18 conmemora o primeiro aniversario e aumenta o número de páxinas.
O n.º 34 representa o inicio dunha nova etapa, cun formato máis pequeno e un aumento do número de páxinas, novas seccións e máis espazo para as ilustracións
Ilustracións:
Non ten. A partir do n.º 29 aparecen reportaxes gráficas dos actos da agrupación
Publicidade:
Publicidade de índole comercial (bancos, seguros, compañías de navegación e produtos de consumo)
Números consultados:
1922-1925: n.º 5, 6, 8-10, 12-22, 28-30, 34-37, 39, 40