Subtítulo:
Periódico del patriotismo regional
Notas:
O idioma galego só aparece nun titular da primeira páxina "A falar no Centro Galego ", onde se fai referencia á iniciativa presentada por Constantino Añel na asemblea da institución para a celebración dunha sesión extraordinaria sobre a constitución dos Amigos da Fala na Coruña, as relacións do Centro con Galicia e outros colectivos e a proposta de que o boletín resultante desa sesión se publique integramente en galego.
Prezo:
Subscrición mensual: 40 cts.; trimestral: 1,00 $
Redacción:
Ricla, 111 e 123. A Habana
Imprenta:
Imprenta Militar, Compostela, 78. A Habana.
Contido:
Prensa política de ideoloxía liberal e galeguista. O único número consultado informa da presenza galega en Cuba, ofrecendo unha visión crítica dos asuntos internos do Centro Gallego e dos organismos dependentes del, a través de breves críticas satíricas recollidas na sección "Pincha Carneiros". Complétase coa información das actividades das Sociedades galegas e un fragmento dun discurso de Rey Soto.
Observacións:
O idioma galego só aparece nun titular da primeira páxina "A falar no Centro Galego ", onde se fai referencia á iniciativa presentada por Constantino Añel na asemblea da institución para a celebración dunha sesión extraordinaria sobre a constitución dos Amigos da Fala na Coruña, as relacións do Centro con Galicia e outros colectivos e a proposta de que o boletín resultante desa sesión se publique integramente en galego.
Publicidade:
Abundante, ocupa unha páxina das catro das que consta o xornal. Anuncios de establecementos comerciais, produtos de consumo (café, cervexa, carne, tabaco etc.), teatros, imprentas, casas de cambio etc.
Números consultados:
1916: n.º 18