Repertorio da prensa da emigración galega

----

Calendario Gallego

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

de la Editorial Céltiga

Lema:
Todo por Galicia y para Galicia
Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1928
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, algunhas colaboracións literarias en verso e a sección "Ditos e refráns" están en galego
Extensión:
140 páxinas
Redacción:
Bos Aires. Arxentina
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Cambio de nome do Almanaque Gallego de la Editorial Céltiga; mantén o cáracter e obxectivos pero aparece cun novo formato. Segundo aparece no editorial o cambio de nome é para diferenciar a publicación doutras co mesmo nome. Ofrecen como entrada un calendario anual, e debaixo de cada data, despois do santoral, as noticias máis importantes da historia de Galicia. Aparecen numerosas colaboracións literarias tanto en verso como en prosa, moitas delas en galego e reportaxes, facendo un repaso a distintos aspectos culturais, económicos e sociais da realidade galega
Ilustracións:
Predominan as fotos de paisaxes urbanas e rurais, sen asinar en xeral, pero destacan algunhas de Ksado e G. Díaz. Hai tamén numerosos retratos, e varios cadros, gravados e debuxos
Publicidade:
Moi abundante por toda a publicación
Relacionadas:
Almanaque Gallego. 1927 (A mesma publicación, cambiou de nome en 1928.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1928: n.º II
1929: n.º III