Subtítulo:
Revista Galega
Data de inicio:
1941
Data de fin:
1941
Ilustración
M. Colmeiro; Rivas; Castelao;
Colaboración
Antonio Regueiral; Francisco Alberto Cernello; Johan G. Francisco; Marcelino Domingo; Vicente Barros; Castelao; Emilio Pita; José Blanco Amor; Manuel Prieto; Mariví Villaverde; Victoriano Taibo;
Periodicidade:
Número único
Idioma:
Bilingüe, con bastantes artigos en galego, mesmo o editorial
Redacción:
San José, 224. Bos Aires
Imprenta:
Iglesias y Matera, Corrientes, 1258. Bos Aires.
Contido:
Publicación editada pola Casa de Galicia de Bos Aires, entidade que durante estes anos ten unha clara orientación nacionalista, pois nela está englobado o Grupo Galeguista de Bos Aires. A revista, de coidado deseño, pretende que "todol-os bós galegos que nos atopamos fóra da nosa terra, ergamos a bandeira dos nosos irmans caidos ou asoballados". Na mesma abundan os artigos sobre Galicia e o nacionalismo, con dous grandes protagonistas: Alexandre Bóveda e Castelao. Outros artigos abordan a economía, a xeografía a literatura galega e a emigración. Complétase con colaboracións literarias e información das actividades societarias.
Ilustracións:
Retratos, fotografías de José Suárez, debuxos de Castelao e Rivas, óleos de Manuel Colmeiro etc.
Publicidade:
Localizada nas últimas follas, con anuncios de establecementos comerciais, produtos de consumo, profesionais e da propia sociedade editora.
Números consultados:
1941: n.º 1 (xaneiro)