Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Movimento Galego de Liberdade Nacional

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1959
Relacións públicas
José Rodríguez;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Galego
Formato:
22 x 17,5 cm
Extensión:
4 páxinas
Redacción:
J. E. Uruburu, 1241. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación de carácter político. No primeiro número realizan un manifesto ao pobo no que reclaman o recoñecemento de Galicia como nación, idea que volven retomar no número seguinte, defendendo o labor político nacionalista. Isto implica paralelamente unha crítica á orientación dos galeguistas do interior. Igualmente aparecen artigos sobre Galicia, criticando a súa situación política e económica. Por último, inclúe unha pequena descrición das actividades dos nacionalistas en Bos Aires
Observacións:
Polo carácter político da publicación e a súa distribución en Galicia, indica que o boletín se remite a autoridades e persoas tomadas de guías, polo que o destinatario non ten nada que ver coa publicación
Ilustracións:
Non ten
Publicidade:
Non ten
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1959: n.º 2