Subtítulo:
Revista de la Agrupación Unión Gallega
Dirección
Miguel Friendländer;
Idioma:
Castelán, con algunha colaboración en galego
Notas:
Algúns números da publicación aparecen integrados no periódico Galicia editado pola Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Redacción:
Chacabuco, 955. Bos Aires
Pasco, 408. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación da Agrupación do mesmo nome do Centro Gallego editada xeralmente co gallo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Os contidos da revista circunscríbense especificamente a esta finalidade, xa que reproducen o programa electoral, unha nota biográfica dos candidatos e unha síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior.
Á parte da publicación electoral, ás veces sae algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado polo 50 aniversario da agrupación
Observacións:
Algúns números da publicación aparecen integrados no periódico Galicia editado pola Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Ilustracións:
Fotografías do Centro Gallego e dos candidatos ás eleccións
Publicidade:
Xeralmente non ten publicidade, agás algúns número especiais onde figuran avisos de carácter comercial, bancos etc.
Números consultados:
1988: abril
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1988: abril