Repertorio da prensa da emigración galega

----

Asociación de Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Aniversario

Lema:
El avance del progreso
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1946
Dirección
Diego Fandiño; Beatriz López;
Colaboración
Marcelo Daniel Álvarez;
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
Revista. Cor. 28 x 20 cm
Extensión:
34 páxinas. Na segunda etapa ten 28 páxinas
Prezo:
Gratuíta para os e as socias
Financiamento:
Na segunda época contan con axuda da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia
Redacción:
Chacabuco, 955. Bos Aires
Imprenta:
Mayo (Avenida), 666, 2º. Bos Aires.
Contido:
Esta revista foi editada por primeira vez pola celebración do 25º aniversario fundacional da sociedade Unión Progresista del Distrito de Salvatierra de Miño en Buenos Aires. Non temos constancia da publicación de números posteriores nesta primeira etapa. Posteriormente en 1997 a sociedade, denominada xa como Asociación Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina, decide publicar con motivo do seu aniversario social unha revista anual para os socios e socias da entidade.
Dende as súas paxinas achega aos emigrantes de Salvaterra de Miño residentes na Arxentina as noticias que acontecen en Galicia e en España, ademais de informar das actividades societarias e da colectividade galega no país de acollida, visitas institucionais de persoeiros de Galicia e sobre os e as súas socias etc. Conta tamén con información da lexislación galega e española sobre temas migratorios que lles poden interesar.
Ilustracións:
Fotografías de actos societarios
Publicidade:
Moi abundante, distribuída por toda a publicación, predominando os anuncios de negocios de galegos e galegas en Bos Aires pero tamén na provincia de Pontevedra
Relacionadas:
Unión y Progreso. (Publicación da mesma entidade editada noutra época);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1946: 25º aniversario
2ª época:
1999: n.º 3
2002: n.º 6
2006: n.º 10
2009: n.º 13
2010: n.º 14
n. 25º aniversario

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 25º aniversario 8/1946
n. 3 9/1999
n. 6 10/2002
n. 10 9/2006
n. 13 9/2009
n. 14 9/2010