A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Na clandestinidade antifranquista e no marco das loitas do Partido Comunista de España, as integrantes da organización Movemento Democrático de Mulleres de Vigo editan a revista A muller e a loita. Portavoz del Movimiento Democrático de Mujeres de Vigo. Publicación de tiraxe irregular, impresa en multicopista, sae a rúa entre os anos 1971 e 1976. A escrita é maioritariamente en castelán aínda que os contidos en galego van medrando co decorrer dos números. Nesta hemeroteca virtual preséntanse os números localizados ata agora: 2, 7, 8, 17 e 19 (publicados entre 1971 e 1976), e máis dous monográficos sobre as eleccións de 1976. Os contidos da revista céntranse nas esixencias sociais comúns a homes e mulleres como a represión, a amnistía ou os conflitos laborais. Abordan tamén os problemas da vida cotiá nos barrios, na casa, a carestía da vida, a educación das crianzas e máis os problemas que atinxen especificamente ás mulleres, como ás prácticas de explotación sexistas, a necesidade dunha educación igualitaria como base para unha plena emancipación ou da incorporación ao traballo para favorecer a independencia económica e a realización persoal das mulleres.
Subtítulo:

N.º 2: Portavoz de las Mujeres Democráticas de Vigo.
N.º 7, n.º 8, n.º 17: Portavoz del Movimiento Democrático de Mujeres de Vigo.
N.º 19: Portavoz de Vigo do Movimento Democrático de Mulleres de Galicia.

Lugar:
Vigo
Inicio:
1971
Fin:
1976
Comezo-cese:
N.º 1 (?-1971) – n.º 20? (?-1976)
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Castelán e galego
Formato:
Números 2, 7, 8, 17: 21,30 ancho x 16 alto. Números 19, ‘estra’ e “A muller diante as eleccións”: 15,50 ancho x 20,20 alto.
Extensión:
Entre 2 e 36
Prezo:
N.º 2: 3 pesetas; n.º 7-8: 5 pesetas; n.º 17: 10 pesetas; ‘estra’: descoñecido, “A muller diante as eleccións”: 25 pesetas
Tiraxe:
Descoñecida
Lugares de distribución:
Descoñecida
Financiamento:
Fondos propios
Contido:
Publicación de tiraxe irregular, sen apenas ilustracións, editada en Vigo e elaborada polas compoñentes do Movemento Democrático de Mulleres (MDM) de dita cidade. Sitúanse estas na liña da loita antifranquista e do Partido Comunista de España no que se inxiren e que ten como obxectivo prioritario a loita xeral en defensa da democracia, contra a represión e por un réxime de liberdades que beneficiaría o conxunto da clase traballadora. Os contidos tratan sobre a situación política, económica e social do momento, dan maior relevancia ao caso galego, ás accións desenvolvidas polo propio MDM sen esquecer aspectos que atinxen directamente a discriminación das mulleres. Calcúlase que entre 1971 e 1976 chegáronse a publicar aproximadamente vinte números, canda menos 17 deles co subtítulo Portavoz del Movimiento Democrático de Mujeres de Vigo. No nº 19, nun extra e no especial, os tres de ano 1976, o subtítulo aparece en galego. Agás o especial, todos os números, están impresos en multicopista, tinta negra sobre papel branco, o especial presenta cartolina a cor na portada e engade ilustracións nas páxinas interiores.
Ilustracións:
Practicamente inexistentes nas revistas numeradas. Abondosas no especial “A muller diante as eleccións”, que engade fotografías e unha banda deseñada de autor.
Publicidade:
Non contén
Relacionadas:
Alborada. 1966 (Mesma entidade editora); Alborada. Órgano de la Mujer Democrática. 1969 (Mesma entidade editora);
Referencias bibliográficas:
FREIRE LESTON, Xose Vicenzo: A prensa de mulleres en Galicia 1841-1994, Edições Lusófonas, Lisboa, 1996, p. 134.
CABRERO BLANCO, Claudia: “O movemento Democrático de Mulleres: da protesta cotiá á loita política”, Dezeme, n.º 11 (2006), p. 15-23.
ÁLVAREZ GÓMEZ, María Concepción: “Movemento Democrático de Mulleres en Galicia. Unha andaina cara ao feminismo desde a loita antifranquista e a acción veciñal”, Álbum de mulleres (marzo de 2016), http://culturagalega.org/album/detalle.php?id=1042 [última consulta 03/11/2016]
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
N.º 17 e mais o especial “A muller diante as eleccións”.
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
Centre de recerca Teoria, Gènere, Sexualitat (ADHUC), Universitat de Barcelona

Colabora
Fundación 10 de marzo

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariam Mariño Costales

Documentación
Guillermo Manuel Corral Manzano

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Carmen Segurana

Agradecementos
María Dolores Cabrera
Francisco Gónzalez Vidal
Ricardo Gurriarán
Amador Martínez
Teresa Navarro Quinteiro
Carmen Segurana
Rocío Sende Varela
Enrique Veira

n. 2

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 2 1971
n. 7 1972
n. 8 1973
n. 19 1976
n. "A muller diante as eleccións" 1976
n. 17 6/1976
n. 'Estra' 12/1976