Subtítulo:
Boletín Social
Idioma:
Castelán, con algúns textos literarios en galego
Extensión:
Normalmente 4 páxinas; nº extraordinario: 34 páxinas
Prezo:
Gratuíta para os asociados
Contido:
Boletín societario no que se informa aos socios das diversas actividades da entidade, do movemento dos socios, balances económicos etc. e tamén do que acontece na súa vila natal en Galicia, onde teñen un corresponsal. Esta sociedade ten unha delegación en Tampa (Florida) da que informan. Fai un especial fincapé nas novas sobre a escola que construíron en Mugardos e tamén nas cartas que reciben dalí.
Ilustracións:
Retratos e fotos de paisaxes
Publicidade:
Numerosos anuncios comerciais localizados sobre todo na última páxina
Números consultados:
1918: n.º 4 (extra)
1922: n.º 5, 6
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1918: n.º 4 (extra)
1922: n.º 5, 6