Contido:
Boletín societario publicado con motivo da celebración do aniversario da fundación da entidade editora. Ademais do programa da festa para celebrar este aniversario, aproveitan para difundir a historia da entidade. Hai tamén algúns artigos sobre Galicia, a súa cultura ou sobre a situación dos centros galegos no mundo.
Ilustracións:
Algunha fotografía de socios ou actividades no Centro.
Publicidade:
Moi abundante, anuncios de todo tipo de negocios (a gran maioría de galegos e españois residentes en Berna).
Números consultados:
1999
2004
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1999: XXX aniversario
2004: XXXV aniversario