Repertorio da prensa da emigración galega

----

Fiesta Popular de las Nacionalidades y Comunidades Autónomas

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Irmandade "A Nosa Galiza". Mollet del Vallès.

Lugar:
Mollet del Vallès
Inicio:
[1979]
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán, con algún texto literario en galego e catalán
Formato:
21,5 x 16 cm. A partir de 2000: 30 x 21 cm.
Extensión:
Variable entre 32 e 64 páxinas
Contido:
Publicación societaria editada con motivo da celebración dunha festa popular organizada pola sociedade Irmandade A Nosa Galiza de Mollet del Vallès para toda a colectividade inmigrante residente na comarca. Ademais do programa de actividades organizadas, hai tamén información sobre a entidade e o seu grupo de música e danza etc. Tamén reproducen textos literarios galegos e cataláns e pequenos artigos sobre lugares e monumentos galegos.
Ilustracións:
Co paso do tempo cada vez contén máis fotografías dos actos festivos e dos grupos que participan.
Publicidade:
Moi numerosa, con anuncios de todos os negocios que axudan na organización da festa.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1989: X Fiesta
1990: XI Fiesta
1991: XII Fiesta
1992: XIII Fiesta
2000: XXI Fiesta
2005: XXVI Fiesta
2008: XXIX Fiesta
2010: XXXI Fiesta
2011: XXXII Fiesta
2012: XXXIII Fiesta