Subtítulo:
VIII Aniversario
Lugar:
Santa Coloma de Gramanet
Idioma:
Galego, con algúns textos en castelán
Formato:
Revista, cor. 30 x 21 cm.
Financiamento:
Ajuntament de Santa Coloma de Gramenet, Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Departament de Cultura da Generalitat de Catalunya e La Caixa.
Contido:
Publicación societaria editada con motivo da celebración da Festa Galega en Santa Coloma de Gramanet. Informan sobre o programa de festas e aproveitan para destacar e dar a coñecer a biografía e obra da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano correspondente (no número consultado 1991, trátase de Alvaro Cunqueiro). Tamén publicitan o traballo dos seus grupos de danza e música tradicional.
Ilustracións:
Moi poucas, dos grupos de danza e música da entidade. Teñen dúas páxinas con debuxos e historietas de autores galegos como Xosé Lois, Quesada e mesmo Castelao.
Publicidade:
Moitos anuncios de diversos negocios distribuídos pola revista. Tamén un da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.
Números consultados:
1991
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1991