Repertorio da prensa da emigración galega

----

ReNOVA GALIza

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista de pensamento cívico, acción cultural i solidariedade galega

Lema:
Amar Galiza, honrar Catalunya: na defensa dos dereitos humanos, nacionais e cidadáns.
Lugar:
Barcelona
Inicio:
2005
Idioma:
Bilingüe, galego e catalán, con predominio do galego.
Formato:
27,5 x 20 cm.
Extensión:
Variable, entre 88 e 207 páxinas
Contido:
Revista cultural, interdisciplinaria moi posicionada segundo o seu editorial "sobre tres repulsas: antilocalismo, antiimperialismo e antifolclorismo, por rexeitar o rebaixamento vulgarista da grandiosa cultura popular". Toman o título da antiga publicación Nova Galiza, editada en Barcelona durante a Guerra Civil (vid. ficha). Esta publicación nace con vontade de "ser un novo órgano de comunicación, multilingüe pero co idioma galego como lingua primeira e principal". Conta con colaboracións literarias de destacados xornalistas, escritores, investigadores e políticos galegos e cataláns.
Ilustracións:
Algunhas fotografías de actos culturais do Foro Cívico de Barcelona. Tamén reproducións de imaxes de Castelao, Seoane e outros artistas galegos
Publicidade:
Non ten.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2005: n.º 1
2006: n.º 2, 3
2010: n.º 4