Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Voceiro de información xeral e cultural para asociados

Lugar:
Castelló
Inicio:
2003
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Galego, con algúns textos en castelán
Formato:
Revista, B/N, 29,5 x 21 cm.
Extensión:
Irregular, entre 18 e 26 páxinas
Contido:
Voceiro oficial da entidade editora, no que se informa das actividades realizadas por ésta. Tamén hai noticias sobre a realidade galega, sobre o Día das Letras Galegas e a figura homenaxeada, sobre a xeografía ou a gastronomía, sobre a lingua e literatura galegas etc. Conta tamén con colaboracións literarias dos seus socios.
Ilustracións:
Fotografías dos socios e directivos participando nas actividades do Centro; tamén retratos das figuras destacadas ou paisaxes e monumentos de Galicia.
Publicidade:
Moi pouca, algún pequeno anuncio de negocios ou de banca.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2003: n.º 1
2004: n.º 2
2005: n.º 3
2006: n.º 4
2009: n.º 7
2010: n.º 8