Subtítulo:
Revista mensual consagrada a los intereses de la Sociedad "Unión Mugardesa de Instrucción"
Extensión:
Variable, 7 páxinas
Prezo:
Gratuíta para os socios
Financiamento:
A propia asociación de emigrantes
Contido:
Voceiro da asociación de emigrantes da Unión Mugardesa de Instrucción, entidade creada na Habana en 1909. Dende as súas páxinas queren «estrechar los lazos de verdadera unión existentes entre los hijos del Término Municipal de Mugardos [...] esparcidos por los diferentes países del Nuevo Mundo y a defender los derechos que puedan corresponderle a la sociedad "Unión Mugardesa de Instrucción" establecida en esta capital». Así nas súas páxinas podemos ler sobre o funcionamento da entidade, sobre as súas actividades e marcha económica.
Tamén hai artigos sobre a instrución e a importancia da educación no desenvolvemento da súa terra natal. Esta entidade dedicou no primeiro terzo do pasado século os seus recursos á creación dun colexio no seu concello natal e informa aos seus socios do seu labor a prol da educación dos seus veciños e veciñas.
Números consultados:
1912: n.º 1, 3
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1912: n. 1, 3