A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----

Mulleres Cristiás Galegas [1ª época]

Colección: A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+;
Presentamos aquí os catro números correspondentes á primeira época do boletín Mulleres Cristiás Galegas, publicado entre 1998-2000 e editado pola Asociación Mulleres Cristiás Galegas (MCG) como canle de información e difusión dos seus debates, actividades e rede de relacións. Conta con unidades activas nas zonas de Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol, e tamén con comisións de traballo sectoriais. Recollen debates sobre a mirada cristiá respecto do feminismo, o pacifismo ou a lesbofobia.
Subtítulo:

Boletín da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria

Época:
Primeira
Inicio:
1998
Fin:
2000
Comezo-cese:
N.º 0 (maio de 1998) – n.º 3 (marzo 2000)
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
galego
Formato:
21 cm., 02 mm. ancho x 29 cm., 07 mm. alto
Extensión:
Entre 8 e 16 páxinas
Prezo:
De balde
Tiraxe:
Descoñecida
Lugares de distribución:
Lugares de encontro da asociación editora
Financiamento:
Fondos propios
Contido:
Publicación da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria (MCG), editada en Santiago de Compostela e con periodicidade irregular. Nace como canle de información e difusión de a dita organización. Todos os números están en branco e negro, ilustrados con fotografía, infografía e banda deseñada. Comprende un total de catro números publicados entre 1998 e 2000. A revista organízase en seccións permanentes que recollen as actividades das MCG e mais a sección “Fiestra aberta”, na que aparecen debates dos grupos de feministas cristiás no ámbito internacional. A partir do n. 1 engaden dúas novas seccións: “Libros recomendados” e, na contraportada “Contos ao abeiro dun paraugas”.
Ilustracións:
Contén imaxes das actividades realizadas por Mulleres Cristiás Galegas, infografía e banda deseñada
Publicidade:
Nos n.º 0, 1 e 2: Librería A Caixa de Pandora. O n.º 3: non contén
Relacionadas:
Irimia. 1981 (Mesma comunidade cristiá); Mulleres Cristiás Galegas [2ª época]. [Segunda], 2002 (Mesma organización editora);
Referencias bibliográficas:
Mulleres Cristiás Galegas Exeria: Donas da nosa memoria. Concellería da Muller do Concello de Santiago de Compostela, 2007
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Créditos:

Créditos

Créditos
Mulleres Cristiás Galegas (1ª época)

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Andrea Vázquez-Palacios Cespán
Marisa Vidal Collazo

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Jose Lens (imaxes)
Susana Guitar (arquivismo e documentación)

n. 0

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 0 5/1998
n. 1 12/1998
n. 2 5/1999
n. 3 3/2000