Presentamos aquí os 10 números, mais un número especial, correspondentes á segunda época do boletín Mulleres Cristiás Galegas, publicados entre 2002-2004 pola Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria. Como na súa primeira época, actúa como canle de información e difusión dos debates e actividades da organización así como da rede de contactos que establece con outros grupos e plataformas de carácter cristiá, feminista, social, pacifista e ecoloxista. Comeza no n. 3, remata no n. 12 e, no mes de agosto de 2003, engade un número especial, coa súa versión en inglés, sobre o desastre do Prestige cadrando co Synodalia dese ano.
Subtítulo:
Boletín da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria
Lugar:
Santiago de Compostela
Data de inicio:
4/2002
Data de fin:
3/2004
Comezo-cese:
N.º 3 (abril de 2002) – n.º 12 (xuño 2004)
Periodicidade:
Irregular [bimestral ou trimestral]
Formato:
21 cm, 02 mm ancho x 29 cm, 07 mm alto
Lugares de distribución:
Lugares de encontro da asociación editora
Financiamento:
Fondos propios
Contido:
Publicación ilustrada de Mulleres Cristiás Galegas Exeria, editada en Santiago de Compostela e cunha periodicidade bimestral ou trimestral, agás os números de outubro de 2003 e de febreiro de 2004. Boletín impreso en branco e negro. A partir do nº 5 as cubertas e contracubertas van sobre fondo lila, verde ou azul. Comprende un total de dez números publicados entre 2002 e 2004. A partir do n.º 6 conta cunha mesa de redacción formada por Maite Pérez Vázquez, Marisa Rodríguez Pereiro e Marisa Vidal Collazo. En canto á estrutura da revista, as primeiras entregas presentan poucas seccións e falta de uniformidade. A partir do n.º 5 xorden seccións novas como “De aquí e de acolá”, con notas breves sobre informacións diversas, a sección de denuncias “Historias para non durmir” e "O Sur tamén existe", sobre unha experiencia misioneira en Ecuador. “Contos ó abeiro dun paraugas” e “Estou lendo un libro” aparece na maioría dos números. O resto de seccións non ten unha continuidade significativa. As fotografías reflicten as actividades de Mulleres Cristiás Galegas a nivel local e internacional. Agás no número especial, adoita aparecer banda deseñada na última páxina. O especial está integramente dedicado ao desastre do Prestige e ao movemento NUNCA MÁIS, no que a organización se inserta. Adoitan empregar como fontes creatividadfeminista.org, Mujeres en red, Amnistía Internacional, Asociación Proyecto Colombo Salvadoreño (COSAL) e Vieiros.
Ilustracións:
Contén imaxes das diferentes actividades realizadas por Mulleres Cristiás Galegas e representacións de mulleres na pintura
Números consultados:
3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12 e un especial en galego e a súa versión en inglés
Referencias bibliográficas:
Mulleres Cristiás Galegas Exeria: Donas da nosa memoria. Concellería da Muller do Concello de Santiago de Compostela, 2007
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Créditos
Créditos
Mulleres Cristiás Galegas (2ª época)
UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Documentación
Andrea Vázquez-Palacios
Marisa Vidal Collazo
Web
Miguel Alonso Fachado
Asesoramento
Jose Lens (imaxes)
Susana Guitar (arquivismo e documentación)