Recuperamos aquí os tres números publicados de Gay Z Lésbica. Voceiro do Colectivo Coruñés de Gais e Lesbianas, con actividade na Coruña entre decembro de 1993 e outubro de 1995. Os artigos, relatos e notas breves destacan a importancia da visibilización e a loita contra os estereotipos, as agresións e a homofobia da que son obxecto lesbianas e gais.
Subtítulo:
Voceiro do Colectivo Coruñés de Gais e Lesbianas
Data de inicio:
9/1994
Data de fin:
3/1995
Inicio:
[1994]
Fin:
[1995]
Comezo-cese:
N.º 0 (setembro de 1994) – nº 2 (marzo de 1995)
Formato:
9 cm, 9 mm ancho x 21 cm alto
Lugares de distribución:
Descoñecido
Financiamento:
Fondos propios
Contido:
Os números se presentan co logo da entidade editora, o Colectivo Coruñés de Gais e lesbianas (CCGL), teñen seis páxinas con formato tríptico a dúas cores. Na primeira páxina do número 0, datado en setembro de 1994, preséntase como publicación periódica Gay Z Lésbica. As dúas entregas seguintes non aparecen numeradas, mais consta como data de publicación febreiro e marzo de 1995 respectivamente, e coa indicación Voceiro do CCGL na primeira páxina. O número de marzo incorpora no título o nome de GaiZZetta e un consultorio. Nos artigos, relatos e notas breves destacan a importancia da visibilización e a loita contra os estereotipos, as agresións e a homofobia da que son obxecto lesbianas e gais. Inclúe imaxes fotográficas e ilustracións.
Ilustracións:
Contén fotografías de arquivo e reproduce algunha obra de autor
Números consultados:
Tres: publicados en setembro de 1994, e febreiro e marzo de 1995
Relacionadas:
Ghaiseta. 1996 (Mesmo lugar de edición e comparten algúns promotores);
Referencias bibliográficas:
ALONSO SÁNCHEZ, Jose Carlos: Milhomes: 10 anos de historia, autoedición, 2006?
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
A fotocopia do primeiro número chegou aos fondos do CCG por doazón, os outros dous números proceden de descargas do blog de José Carlos Alonso Sánchez https://milhomes10.wordpress.com/category/ghaiseta/page/4/
Créditos
UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Centre de recerca Teoria, Gènere, Sexualitat (ADHUC), Universitat de Barcelona (antes: Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona)
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Documentación
Andrea Vázquez-Palacios Crespán
Asesoramento
Susana Guitar Novo (arquivismo e documentación)
Jose Lens (imaxes)