Presentamos aquí os 38 números editados como Ghaiseta, publicados desde 1996 ata 2002 por Milhomes - Grupo Gai da Coruña. Gaceta creada como canle de información e difusión das actividades da devandita organización, ocúpase tamén das novas de interese para a comunidade LGTBIQ+ sobre diversos aspectos da vida social, política e cultural, particularmente no ámbito galego. A partir de abril de 2001 coexiste con outra publicación do mesmo colectivo, Milhomes. Boletín del grupo gay de A Coruña
Subtítulo:
Publicación de Milhomes. Grupo Gai de A Coruña (ata xuño de 2002).
Publicación de Milhomes. Grupo GLBT de A Coruña (a partir de setembro de 2002)
Data de inicio:
1996
Data de fin:
12/2002
Inicio:
[1996]
Fin:
[2002]
Periodicidade:
Irregular: tende á frecuencia mensual, agás no ano 1997, en que tende a quincenal
Idioma:
Galego e castelán
Formato:
9 cm, 9 mm ancho x 21 cm alto
Extensión:
Entre 6 e 12 páxinas
Lugares de distribución:
Rede de contactos e locais de referencia do colectivo LGTBIQ+
Financiamento:
Fondos propios e de locais de ocio (Patachín, Noda’s, O Alfaiate, Café-Bar Juan, Haman, El Café de Macondo)
Contido:
Publicación do grupo gai da Coruña Milhomes, ilustrada, con periodicidade irregular. Impresa a dúas cores, en formato de tríptico. Habitualmente componse de 6 páxinas, agás nos números de decembro de 1996 a marzo de 1997 que contan con 12 páxinas. Nace coma canle de información e difusión das actividades de Milhomes, e como medio de información e denuncia de actualidade para a comunidade LGTBIQ+. Componse de artigos e, sobre todo, notas breves. Predominan as imaxes de erótica gai, mentres que as referencias lésbicas son escasas. O grafismo experimenta mudanzas en varios momentos: entre o primeiro e segundo número; en abril de 1997; en 1999; e maio de 2001. Preséntase como Voceiro do grupo gai da Coruña MilHomes entre agosto de 1996 e abril de 1997. A partir de xuño de 2022 o nome da entidade editora pasa a ser Milhomes-Grupo GLBT de A Coruña. Jose Carlos Alonso Sánchez aparece como responsable da redacción da revista a partir de setembro de 2001. Linguisticamente é moi variable. Comeza publicándose en galego, seguindo diversas normativas. A partir de abril de 1997 incorpora tamén o castelán, que é a única lingua empregada nos períodos que van de xuño de 1998 a decembro de 2001 e de xuño a decembro de 2002 (en total, 12 números). En maio de 2002 A. M. Buxeiro aparece como encargado da tradución ao galego.
Ilustracións:
Contén fotografías de arquivo, banda deseñada e reproduce algunha obra de artista
Publicidade:
Introduce a partir de decembro de 1996 publicidade de locais de ocio da Coruña que, a partir do mes de abril de 2001 aparecen na contraportada como listado de patrocinadores
Números consultados:
38 números publicados entre xuño de 1996 e decembro de 2002
Referencias bibliográficas:
ALONSO SÁNCHEZ, Jose Carlos: Milhomes: 10 anos de historia, autoedición, 2006?
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Copia dos 38 números publicados entre xuño de 1996, e decembro de 2002. Proceden de descargas do blog de Jose Carlos Alonso Sánchez https://milhomes10.wordpress.com/category/ghaiseta/page/4/
Créditos
UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
Centre de recerca Teoria, Gènere, Sexualitat (ADHUC), Universitat de Barcelona (antes: Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona)
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Documentación
Uxía Sánchez García
Andrea Vázquez-Palacios Crespán
Asesoramento
Susana Guitar Novo (arquivismo e documentación)
Jose Lens (imaxes)